viernes, 20 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO

HOXE REMATOU O CURSO ESCOLAR 2013 - 2014 E FIXÉMOLO DO MELLOR XEITO POSIBLE: CON FESTA NA AULA, AGASALLOS E COA REPRESENTACIÓN DO MUSICAL DO REI LEÓN NO FESTIVAL FIN DE CURSO.  
FIXÉMOLO MOI BEN E TOD@S QUEDAMOS MOI CONTENTOS. EN PRIMEIRO LUGAR REPRESENTAMOS O "CICLO DA VIDA" E LOGO "EL VIVE EN TI", CON ANTELA DE RAFIKI E ABEL DE SIMBA.  
AGORA TOCA DESCANSAR, DISFRUTAR DO VERÁN E REPOÑER FORZAS PARA O VINDEIRO CURSO.


SAEN AS CARTAS PARA DUMBRÍA

Hoxe a carteira recolleu as cartas que lle escribimos aos alumnos e alumnas de segundo do CEIP Santa Eulalia de Dumbría. Nas cartas contámoslles como somos, as nosas aficións, o que imos facer no verán, entre outras moitas cousas.
Desexamos que vos gusten !!!


martes, 17 de junio de 2014

XA QUEDA POUCO PARA A EXCURSIÓN !!!

PROGRAMA DA EXCURSIÓN FIN DE CURSO (XOVES 19 DE XUÑO)
  • Saída ás 09:30 horas do colexio
  • Chegada a Pontevedra ás 11 horas
  • Visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD)
    http://www.youtube.com/watch?v=BN1VkmjFT8E
  • Visita á illa das Esculturas e merenda
    http://www.youtube.com/watch?v=wdHeQJ391_o
  • Comida e actividades en Barosa (Barro)
    http://www.barosa.es/
  • Chegada ao centro ás 19:00 horas aproximadamente
  • NOTA IMPORTANTE: Os nenos e nenas solo teñen que levar un botellín de auga. A merenda e comida corre a cargo do comedor. O prezo da excursión é de 6 euros.

lunes, 16 de junio de 2014

O LIBRO DA SELVA

Hoxe asistimos a Rois a unha obra de Títeres da compañía Cachirulo "O libro da Selva". 
Na obra, Mowgli ten que sortear unha serie de obstáculos para non ser devorado polo tigre e converterse, dese xeito, nun bocadillo de chourizo que levar á boca.


sábado, 14 de junio de 2014

VISÍTANOS CELIA DE RELIXIÓN

Onte recibimos unha agradable visita no cole, a da profesora Celia de Relixión. Tras someterse a unha operación o mes pasado, onte comprobamos como se recupera estupendamente e seguramente poidamos vela axiña entre nós. MOITO ÁNIMO e ata pronto!!!

miércoles, 11 de junio de 2014

CUMPLE DE ÁLEX

Hoxe celebramos un novo cumple na aula, o de Álex. Para celebralo tróuxonos unha riquísima tarta de chocolate e a verdade é que non sobrou case nada, xa que repetimos practicamente tod@s. PARABÉNS E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!!

lunes, 2 de junio de 2014

CARTAS DENDE DUMBRÍA

Os nenos e nenas de segundo do cole de Dumbría volvéronnos a escribir, e desta vez con sorpresas incorporadas. Por unha banda, fixéronos un xogo moi divertido para adiviñar que neno era cada un, tamén nos escribiron unha carta a cada un de nós e nos deron agasallos para todos. Foi un rato moi divertido e esperamos poder responderlles pronto.

O REI ABDICA

O día de hoxe, 2 de xuño de 2014 pasará á historia por ser o día no que o rei Don Xoán Carlos abdicou no seu fillo Felipe.

domingo, 1 de junio de 2014

DESPEDIDA A NOÉ

Este venres despedimos a Noé, o auxiliar de conversa que este curso nos acompañou nas clases de inglés e plástica. Na despedida, contounos que próximamente se desprazará a Madrid, Londres e finalmente Los Ángeles, en California, lugar de donde é Noé.Tamén nos dixo que o 1 de outubro estará de volta no noso cole.
Boa viaxe e ata o vindeiro curso!!!

jueves, 29 de mayo de 2014

UNHA CARTA PARA A NOSA AMIGA MAITE

Querida Maite:
Sintimos moito que te caeras e te fixeras dano.
Esperamos que te recuperes pronto para que veñas ao colexio a ver aos teus compañeiros, compañeiras e a Jose.
Un bico moi forte de todos os teus compañeiros, compañeiras e do profesor. 


viernes, 23 de mayo de 2014

COMEZA A RODAXE DE "GALEGOS NO MUNDO"

Hoxe comezou no cole a rodaxe de "Galegos no mundo"... Don Benito, o director do cole, botounos unha man na posta en marcha da rodaxe. Esperemos que axiña poidamos rematar de gravar o programa...
 


 


miércoles, 21 de mayo de 2014

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS NO COLE

Hoxe celebramos no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dun xeito moi especial, falando e cantando sobre paxaros como lle gustaría a Xosé María Díaz Castro.
A nós tocounos a Bubela e a Laverca, dous paxaros típicos de Galicia.
Cantamos as seguintes poesías:
Canta laverquiña, canta,
que morreu o meu amor;
canta e volve a cantar,
aleda o meu corazón.

No bicarelo do bico do brelo,
canta o paxariño, 
no mesmiño bicarelo,
do bico do brelo. 

Uxío Novoneyra 

 

martes, 13 de mayo de 2014

CARTA DE URDILDE A DUMBRÍA

Hoxe rematamos o noso traballo para os nenos e nenas de segundo do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e xa llo enviamos. Esperamos que lles guste!!!
Foi moi bonito e divertido coñecer a alumnos/as de outro cole e desexamos que pronto nos respondan ou que poidamos falar con eles por skype.



TRABALLAMOS COS LITROS

Esta semana comezamos en mate a traballar cos litros. Algunhas das preguntas que nos fixemos foron as seguintes:
  • Que envases coñecemos que veñan en litros? Auga, refrescos, deterxente, suavizante, lixivia, viño...
  • Cales destes produtos son alimentos e cales non?
  • De que medida ou capacidade son estes envases? De medio litro, 1 litro, 1,5 litros, 2 litros, 5 litros, 8 litros...
  • Como podemos encher unha botella de 5 litros de auga empregando outras botellas? 
  • Cantas botellas de medio litro fan falta para encher unha botella de dous litros?
  • Etc.
Primeiro manipulamos no patio do cole con distintas botellas de auga.

Logo, na aula, fixemos unha ficha na que recortamos envases para completar os litros
que nos indican 

lunes, 12 de mayo de 2014

CUMPLE DE IRENE

Hoxe celebramos no cole o cumple de Irene e fixémolo dun xeito moi especial: comendo todos e todas unhas riquísimas cereixas que nos trouxo Irene. 
FELIZ CUMPLE!!!
 

domingo, 11 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS celébrase cada 17 de maio dende 1963, para conmemorar a publicación do libro de ROSALÍA DE CASTRO "Cantares Gallegos". Cada ano adícanse as Letras a un escritor distinto. 
Este ano o autor homenaxeado e XOXÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, que naceu no concello de Guitiriz polo ano 1914. A súa familia era labrega, aínda que o seu pai traballou por unha tempada como escribinte. No seu lugar era coñecido como Pepe. De pequeno axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas. Tamén estudou nunha pequena escola da súa aldea que se chamaba "A escola da Conchada".
http://www.poetadiazcastro.com/

jueves, 8 de mayo de 2014

viernes, 2 de mayo de 2014

UNHA CARTA ESPECIAL DENDE DUMBRÍA

Hoxe no cole recibimos unha carta dos nenos e nenas de segundo do cole Santa Eulalia de Dumbría. 
Na carta ven unha postal moi bonita coa cascada do Ézaro e un mural de todos os nenos e nenas de segundo.
Na clase decidimos responderlle á carta e facerlle nós outro agasallo.


miércoles, 30 de abril de 2014

MAÑÁ DÍA 1 DE MAIO: DÍA DO TRABALLO

Mañá non teremos clase xa que é o Día do Traballo. Todos os anos, o día 1 de maio é festivo en toda España, xa que se celebra o día dos traballadores. Nós non podiamos celebralo de outro xeito que traballando duro na clase para mañá poder descansar. Moi pronto veredes o que estamos facendo...

viernes, 25 de abril de 2014

VISITA DE STEPHANIE

Hoxe tivemos unha visita moi agradable na clase, Stephanie, a auxiliar de conversa do curso pasado.Esperamos que axiña nos volvas facer outra visita!!!


TRABALLAMOS CON MAPAS, PLANOS E CALENDARIOS

Estes días traballamos na aula, de xeito grupal, o coñecemento e interpretación de planos, mapas e calendarios. Esto permiteunos moitas cousas, dende saber o día exacto que é o noso cumpleanos este ano, o río que desemboca en Lisboa ou coñecer un pouquiño mellor a nosa comunidade autónoma: Galicia.

miércoles, 23 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos na clase un día moi especial: O Día Internacional do Libro. Cada 23 de abril conmemórase esta celebración na honra de dous dos grandes escritores a nivel internacional: Miguel de Cervantes (que escribeu Don Quijote de la Mancha) e Willian Shakespeare (con obras tan importantes como Hamlet ou Romeo e Julieta).
Na aula falamos un pouco de esta celebración e recibimos varios agasallos: un libro, unha chapa e un marca-páxinas.

martes, 22 de abril de 2014

CONTAMOS HISTORIAS DA SEMANA SANTA

Hoxe regresamos de novo da Semana Santa e aproveitamos para contar as historias que nos pasaron. Destacan as visitas á Pascua a Padrón (tanto para ir nas atraccións como para comer churrasco e pulpo), viaxes a León, Navarra, Vitoria, A Coruña, paseos en barco no Grove para ver as bateas (onde se crían os mexillóns), entre outras moitas historias.

viernes, 11 de abril de 2014

DE VACACIÓNS!!!

Inda que xa rematou o trimestre o outro día, na escola celebrámolo hoxe. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos á última hora.
BOAS VACACIÓNS E ÁNIMO PARA COMEZAR O TREITO FINAL DO CURSO CON MOITA FORZA!!

jueves, 10 de abril de 2014

DE PEREGRINOS POR SANTIAGO

No día de hoxe convertémonos en auténticos peregrinos e visitamos a cidade de Santiago de Compostela, onde tivemos que resolver as 12 probas de Axtérix e Obélix. Logo, asistimos á exposición "Auga doce" na Cidade da Cultura. Algunhas da probas que resolvemos foron: entrar nunha azibachería e nunha pratería a preguntar o porqué dos nomes das prazas de Praterías e Azibachería; adiviñar a data do próximo Xacobeo na Porta Santa; atopar gárgolas e un escudo de armas na Rúa do Villar; observar a última gárgola en San Francisco sen converternos en pedra, entre outras.





Na oficina de turismo, da Rúa do Villar, atendéronnos con moita amabilidade...












Nesta azibachería atendeunos unha chica que nos explicou como
traballa o azibache dende a Idade Media, unha madeira fósil
que ven de Asturias.

miércoles, 9 de abril de 2014

EXPERIMENTOS NO COLE

Esta semana celebramos no cole a semana dos experimentos. Os diferentes grupos da educación primaria pasaron pola nosa aula e poideron ver os experimentos que preparamos: un remuíño de auga con botellas e dous experimentos con un vaso e auga.


miércoles, 2 de abril de 2014